Educación física

TALLER DE 1º AUXILIOS COA ASC BOMBEIROS DE GALICIA

Este martes, 16 de febreiro, os nosos alumn@s de 6º participaron nun taller práctico de primeiros auxilios impartido pola ASC Bombeiros de Galicia.

PRIMEIROS AUXILIOS EN LIPOTIMIAS 6º

Neste caso é o alumnado de 6º o que nos explica que debemos facer no caso de sufrir unha lipotimia ou desmaio.

Estade moi atentos ao que nos contan!

De novo, moitas gracias pola vosa implicación.

PRIMEIROS AUXILIOS EN PICADURAS 5º

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria están traballando os primeiros auxilios básicos dentro da área de Educación Física. Aquí vos deixamos un pequeno vídeo onde 4 alumnos de 5º dramatizan como actuar ante unha picadura de abella.

NORABOA A TODOS POLO VOSO TRABALLO! E gracias polo esforzo e tempo adicado.

DUATHLON BOIRO 2015

Aquí podedes ver unha pequena mostra da nosa participación no Duathlón 2015, que organizou o Concello de Boiro o pasado xoves, 12 de marzo. 

AGRADECER a todos os nenos e nenas que se aventuraron a probar esta nova modalidade deportiva, aínda un pouco descoñecida entre os rapaces; e ANIMALOS a seguir participando das diferentes disciplinas deportivas.

Espero que disfrutárades do día e sobre todo, do encontro con outros nenos e nenas dos colexios da comarca.

ESPERO VERVOS NA SEGUINTE COMPETICIÓN!

Carreira de campo a través Concello de Boiro 2014

Este xoves, 13 de marzo, celebrouse no paseo marítimo de Praia Xardín, unha carreira de campo a través para tódolos escolares do Concello. Esta proba consistía en percorrer 700 metros ( 800 metros no caso da categoría infantil ) polo circuíto deseñado no paseo.

O CEIP PLURILINGÜE ABANQUEIRO participou en tódalas categorías, recollendo un total de 3 medallas.

  • 1 medalla de BENXAMÍN MASCULINO: Manuel Mariño Romero (5º posto)
  • 2 medallas BENXAMÍN FEMININO: Sabela Liñares Torrado (7º posto) e Andrea Rodríguez Viturro (2º posto).

Con todo isto, o centro conseguiu un 5º posto na clasificación xeral.

eftic2016: ACROSPORT 4º

O prometido é debeda, así que aquí vos deixo unha sesión de "Acrosport" realizada polo alumnado de 4º de Primaria. 

Esta levouse a cabo dentro da unidade didáctica adicada ao equilibrio, que traballamos unhas semanas antes de rematar a primeira avaliación.

MIRADE COMO SE ESFORZARON!!

Expresión corporal 6º Primaria.

Aquí vos deixo unha pequena mostra do traballo realizado polo alumnado de 6º de Primaria, durante unha das sesións de "Expresión Corporal" que realizamos na clase de Educación Física.

GRAZAS POLO VOSO ESFORZO!!!!

Distribuir contido