Programas imprescindibles

Unha vez que temos o noso Sistema Operativo Windows funcionando, chega o momento de instalar as aplicacións que precisamos, xa que a diferenza doutros sistemas, windows a penas trae programas listos para funcionar.

A continuación facemos unha lista de programas que deberían aparecer no ordenador de calquera docente e as ligazóns ás páxinas de descarga:

  1. Antivirus: Hainos de pago e de balde. Estes últimos adoitan funcionar ben para un usuario medio.  Os equipos que compramos, con sistema operativo incluído, acostuman traer instalada unha versión de proba de programas antivirus comerciais; son versións limitadas no tempo e que poden ser substituídas por software gratuíto. A nosa proposta:

     

  2. Suite ofimática.
    1. ou , dúas versións dunha suite ofimática libre e con multitude de posibilidades

  3. Lector de arquivos PDF
    1.  Foxit Reader, aplicación rápida e lixeira.
    2.  Adobe Reader dos creadores do formato pdf, máis pesada ca anterior pero moi eficaz

  4. Reprodutor de Video/Audio
    1. Un reprodutor de audio e vídeo capaz de reproducir case calquera formato que se lle poña por diante. Unha garantía
  5. Navegadores de internet
    1. Mozilla Firefox un magnífico navegador de internet que ademáis é software libre.
    2. Google Chrome, o navegador de Google. unha auténtica revelación na navegación por internet.