Personalizar -2

Volve chamar o menú contextual de propiedades do escritorio, e fai un repaso polas distintas pestanas "Temas", "Protector de pantalla", "Aparencia" e "Configuración"

1.- Temas

Aquí podes seleccionar a decoración das ventás, podendo elixir entre o tema "Windows Xp" e o "Clásico de Windows". Queda co que queiras.

 

 

 

 

 

 

2.- Protector de pantalla

O protector de pantalla entra en funcionamento despois dun tempo de inactividade do sistema. Elixe o protector que prefiras e axusta o tempo a 1 minuto para ver o comportamento.

 

 

 

 

 

3.- Aparencia

Neste axuste podes configurar a combinación de cores das ventás. Fai probas, e cando esteas satisfeito/a clic en"Aceptar".

Antes, se queres, non dubides en "trastear" premendo os botóns "Efectos" e "Avanzadas". Podes personalizar aínda máis o teu ordenador.

 

 

 

 

 

4.- Configuración

Esta pestana permite axustar a resolución da pantalla (cantos máis píxeles mellor), pero esta, habitualmente, xa está optimizada. En todo caso depende das prestacións do monitor. Nun monitor "plano" de 17" a resolución óptima é de 1280X1024 píxeles.