Personalizar - 1

Antes de introducirnos no modo en que Windows garda a información, imos "personalizar" o noso escritorio.

1.- Fai clic co botón dereito do rato en calquera punto do escritorio e selecciona "Propiedades"

2.- Na ventá que verás de seguido, elixe a lapela "Escritorio" Aquí podes elixir a imaxe de fondo de escritorio. Vai premendo nos nomes que aparecen para obter unha vista previa. Selecciona a imaxe que máis che guste. Despois preme o botón "Personalizar o escritorio"

3.- Marca as casiñas de verificación que están no recadro verde (1) e logo preme "Aceptar" (2). Volverás á pantalla anterior onde premerás o botón "Aceptar" para aplicar os cambios. Verás que agora, ademáis de cambiar o fondo de escritorio, temos tres iconas  "Os meus documentos" , "O meu computador" e "Os meus sitios na rede"