Executar programas

Para executar un programa podemos facer dobre clic na icona correspondente ao seu atallo, se o temos no escritorio, ou facendo un só clic se o temos na barra de ferramentas inferior. Existe unha terceira posibilidade que é moi utilizada por canto non sempre temos todos os atallos nen no escritorio nen na barra de ferramentas.Vexamos.

1.- Botón "Inicio"

Ábrese un menú dividido en dúas partes principais: á esquerda temos un listado coas aplicacións que utilizamos con máis frecuencia.

A dereita, temos acceso directo a determinadas carpetas do sistema.

Na esquerda, abaixo, podemos ver un botón que dí "Todos os programas>"

Preme neste botón e aparecerá un listado de todo o que tes instalado no ordenador 

 

Se vas desprazando o rato por encima dos nomes dos programas, verás que se van desplegando os menús asociados; cando apareza a icona da aplicación que buscamos podemos facer clic para lanzala.

 

Práctica: Lanza un programa calquera dende o botón "Inicio"