O escritorio

Despois de instalar Windows XP, o primeiro que vemos en pantalla é o chamado "Escritorio". Nun primeiro lugar está case baleiro, como vemos na imaxe inferior.

Os elementos que podemos atopar no escritorio son os seguintes:

  • O botón "Inicio" serve para "lanzar" aplicacións e para apagar o equipo, como veremos.
  • Na barra de ferramentas atopamos accesos directos ou "atallos" aos programas que máis utilizamos. Podemos poñer cantos queiramos.
  • A área de notificación amósanos iconas de programas que se están executando en segundo plano, como o reloxo , o indicador de carga (só en caso de portátiles), o regulador de volume de sonido , a conexión de rede , os dispositivos USB extraíbles conectados , o antivirus... pode haber moitas iconas diferentes segundo o usuario e os programas que teña instalados.

A única icona que aparece sobre o escritorio é a papeleira de reciclaxe, á que enviamos o que queremos eliminar ANTES de borralo completamente.