Atallos

Para acceder máis rápidamente a determinados documentos e/ou programas, podemos colocar "Atallos" ou "Accesos directos" a estes elementos no escritorio ou gardar determinados documentos directamente no escritorio en lugar de facelo noutra carpeta.

Na imaxe amósanse os dous casos: O recadro 1 contén dous documentos gardados directamente no escritorio; unha páxina web e un arquivo de audio. Ambos ficheiros están representados pola icona da aplicación con que se abren.

O recadro 2 contén varios atallos a documentos que NON están gardados directamente no escritorio, senón noutras carpetas, pero que están enlazados dende o escritorio. 

Como diferencialos? Fácil; os documentos gardados noutras carpetas, aparte de que o nome comeza por "Atallo..." levan unha pequena frechiña na súa icona. Nos dous casos basta facer dobre clic nas iconas, e o programa que manexa eses arquivos abrirase inmediatamente parq que poidamos seguir traballando neles.

PRÁCTICA

Vai a "Os meus documentos" e fai clic co botón dereito do rato en calquera espazo en blanco. Selecciona "Novo" > "Documento de texto". Fai clic de novo fóra da icona que se crea. Volve facer clic sobre esta icona, co botón dereito do rato e señecciona "Crear atallo". Despois leva este ao escritorio (botón dereito do rato "Cortar" -> escritorio botón dereto do rato "Pegar")

Crea un novo documento de texto no  escritorio (coidado co nome) e comproba que unha icona ten a frechiña e a outra non.

A parte de atallos a ficheiros, podemos ter atallos aos propios programas; estes idéntifícanse pola súa icona.

Aquí teriamos tres accesos directos a programas. Unha vez neles podemos abrir o ficheiros que se correspondan cos formatos cos que traballan.