Papeleira-Eliminar

Diferencia entre Enviar á papeleira e Eliminar

Cando queremos desfacernos dun documento ou arquivo (NON dun programa completo), basta facer clic nel e premer a tecla "Del" ou "Supr", depende do teu teclado. De seguido, o sistema pediranos confirmación para o envío do documento á Papeleira. Podemos aceptar ou cancelar. Lograremos o mesmo arrastrando a icona do documento (NON a do atallo) á papeleira.

Un documento que estea na papeleira pódese recuperar sen ningunha dificultade. (Papeleira de reciclaxe > documento en cuestión > "restaurar") .

 

Se facemos o mesmo que no caso anterior, pero mantendo pulsada a tecla "mayúsculas" , a mensaxe preguntaranos pola eliminación definitiva do ficheiro. Recuperar un ficheiro eliminado definitivamente resulta moito máis difícil que no caso anterior.

 

Podemos baleirar a papeleira de golpe facendo clic dereito sobre a súa icona e seleccionando "Baleirar a papeleira" 

Práctica:

  1. Crea un documento calquera e logo elimínao enviándoo a papeleira.
  2. Fai doble clic na papeleira, a fin de ver os arquivos que están pendentes de eliminar, preme co botón dereito do rato sobre o documento que acabas de eliminar e selecciona "Restaurar".
  3. Por último elimína o arquivo de xeito definitivo pulsando a tecla "Supr" ao tempo que tes premida "Maiúsculas"