Windows. Breve historia

Qué un Sistema Operativo?

É un programa ou conxunto de programas que xestionan os recursos do hardware e da servizos ás aplicacións (xestores de ventás, cadros de diálogo, etc)

Microsoft Windows é unha familia de sistemas operativos desenvolvidos pola multinacional informática Microsoft Corporation, que comezou a desenvolver unha interface gráfica de fiestras en setembro de 1981.

As diferentes versións de Windows foron gañando espazo no mercado con distinta fortuna, e a partir de Windows 95 convertiuse, de facto, no estándar dos sistemas operativos para PCs (ordenadores persoais).

Actualmente podemos atopar 3 versións deste sistema operativo:

  • Windows XP, quizais o máis exitoso de todos, lanzado en 2001 e que está xa fóra do mercado, aínda que continúa instalado en multitude de ordenadores
  • Windows Vista, probablemente unha das versións máis denostadas, entre outras cousas, por problemas de seguridade, necesidade de grandes recursos do sistema, etc.
  • Windows 7 o substituto de Windows Vista corrixiu gran parte dos problemas de Vista e resultou un verdadeiro éxito de ventas.
  • En breve, segundo está anunciado, producirase o lanzamento de Windows 8, que incorpora cambios radicais na interface de usuario, o que xa provoca certa controversia en foros adicados a este sistema operativo

Nos centros educativos aínda se atopan moitos equipos con Windows XP instalado, polo que neste apartado do curso imos falar deste Sistema Operativo. Con todo, o que aprendamos pode ser aplicado en Sistemas Operativos Windows máis modernos.

Icona iDevice

Evolución dos logotipos de Windows

Mostrar Windows 3.1 imaxe
Windows 3.1
Mostrar Windows 95 imaxe
Windows 95
Mostrar Windows 98 imaxe
Windows 98
Mostrar Windows XP imaxe
Windows XP
Mostrar Windows Vista imaxe
Windows Vista
Mostrar Windows 7 imaxe
Windows 7
Mostrar Windows 8 (proximamente) imaxe
Windows 8 (proximamente)