helenismos

 HELENISMOS PRESENTES NAS LINGUAS ACTUAIS

“ÉUREKA”

GALEGO: “éureka”.

SIGNIFICADO ACTUAL: expresión habitual que se utiliza cando alguén consegue o seu obxectivo ou fai un descubrimento importante.

ORIXE: trátase dun termo grego incorporado á nosa lingua. Morfoloxicamente é a primeira persoa do singular do perfecto do verbo εὑρίσκω “atopar”. A historia cóntanos que o tirano Hierón de Siracusa encargou ao matemático Arquímedes que comprobara se unha coroa que recibira como agasallo era en realidade de ouro, xa que sospeitaba que o estaban enganando. Arquímedes dáballe voltas e voltas ao asunto e non sabía como facer para descubrilo, ata que un día, estando na bañeira, percatouse de que o volume de auga desprazada era igual ao peso do corpo sumerxido nela (famoso principio de Arquimedes). Cheo de xúbilo porque encontrara a maneira de demostrar se a coroa era de ouro ou non, saíu espido polas rúas de Siracusa exclamando con xúbilo: éureka, éureka “atopeino, atopeino”.

 

Arquimedes estuda a xeometría nun detalle do fresco A escola de Atenas. Rafael Sanzio. 1509. Museos Vaticanos.

“PANTOCRÁTOR“

GALEGO: “pantocrátor”.

SIGNIFICADO ACTUAL: adxectivo que significa “todopoderoso”,“omnipotente”, normalmente calificando a Deus e a Cristo. Nas artes bizantina e románica desígnase con este termo a imaxe coa que se representa o Todopoderoso. Nesta imaxe aparecen o Creador ou o Redentor en posición maiestática, coa man dereita levantada impartindo a súa bendición e cos Libros Sagrados na man esquerda. Podemos atopar o pantocrátor sobre todo nas igrexas, tanto fóra, esculpidos en pedra, como dentro do recinto, pintado nas bóvedas das ábsides. Case sempre aparecen rodeados por un cerco oval chamado mandorla.

ORIXE: etimoloxicamente temos una palabra grega formada polo prefixo παντός “todo” e por un derivado de κράτος “poder”, que procede do verbo κρατέω “ter forza ou poder”. O termo aparece no Libro das Revelacións de San Xoán e nunha ocurrencia do Evanxeo de San Pablo.

 

Cristo Pantocrátor mosaico de estilo bizantino da Catedral de Cefalú, Sicilia.

 

 “MATAIOTES MATAIOTETOS KAI PANTA MATAIOTES”

GALEGO: “mataiotes mataiotetos kai panta mataiotes”.

SIGNIFICADO ACTUAL: fai referencia a un comportamento vaidoso. Equivale á frase “vaidade de vaidades e todo vaidade”. Moitas veces damos importancia a cousas sobre todo materiais que, en realidade, non a teñen, deixando de lado outras que nos proporcionarían máis felicidade. Non acatamos que somos mortais e queremos ás veces superar a Deus.

ORIXE: o texto grego aparece no libro bíblico Eclesiastés. O termo ματαιότης significa “vaidade”, “vacuidade”, “ilusión”, “fraxilidade”.

 

 

Maserati Gran Cabrio Sport. Feira do motor de Frankfurt.

“PANTA REI”

GALEGO: “panta rei”.

SIGNIFICADO ACTUAL: todo flúe.

ORIXE: a expresión grega πάντα ῥεῖ debémoslla a Heráclito, filósofo grego coñecido como o Escuro. Con ela quería expresar que todo evoluciona, que nada permanece, que non poderiamos bañarnos dúas veces no mesmo río porque xa non sería o mesmo río. Con estas ideas opoñíase a outro filósofo, Parménides, que defendía todo o contrario, que todo permanecía inmutable.

 

Escultura en Málaga que simboliza o Panta rei. Blanca Muñoz, 2008.

“MEDEN AGAN”

GALEGO: “meden agan”.

SIGNIFICADO ACTUAL: hai que ter moderación na vida. Os excesos non son bos.

ORIXE: expresión grega formado polo indefinido neutro μηδέν “nada” e o adverbio ἄγαν “demasiado, moito”. A deusa Némesis era venerada por gregos e romanos como a garante da xusta medida e se alguén ousaba sobrepasar a medida e amosar a ὕβρις “ira”, “cólera”, eran vítimas do seu enfado e morrían fulminados. Equivale á expresión  latina ne quid nimis.

 

Figura en mármore de Némesis. Museo do Louvre.