actividades
Le o párrafo que aparece abaixo e completa as palabras que faltan:
Hai dúas explicacións etimolóxicas para o termo cadáver. A primeira lévanos ao latín "caer", xa que a morte sería a caída definitiva ata o outro mundo. Segundo outra versión, derivaría das palabras latinas , que significa " carne dada aos vermes ".
A palabra graffiti é un préstamo do . Deriva á súa vez do latín "incidir co scariphus". O scariphus era un ou punzón que empregaban os antigos para escribir sobre as taboiñas enceradas.
SPA é un que procede da expresión latina , "saúde a través da auga".
Con que froito seco se relacionan as amígdalas?
abelá
améndoas
noces
Na Grecia Clásica, un idiota era aquel que:
non participaba nos asuntos públicos da cidade-estado
non se enteraba moi ben dos dereitos e deberes dos cidadáns
se levaba mal con todo o mundo nas termas e outros espazos de ocio
A persoa que sofre de bulimia ten literalmente:
unha fame de can
unha fame de carneiro
unha fame de boi
A palabra rival ten como etimoloxía:
rivus, xa que os que estaban a ambas as dúas marxes do río eran rivales que pugnaban ás veces por dominar o curso do río
ribeira, xa que estaban sempre cheas de enemigos dispostos a atacar
ripae, orillas do río cheas de plantas velenosas e perigosas para os soldados
Por que era tan importante antigamente o sal?
porque como non había cartos, os soldados cobraban o seu salario en sal
porque o sal servía para conservar os alimentos en salazón e impedir que podrecesen
porque co sal os soldados podían curar as feridas que recibían nas batallas
O prefixo grego an- que atopamos en palabras como analxésico, significa literalmente:
sen dor
sen medo
sen
As palabras delete e bit teñen unha etimoloxía curiosa:
delete vén do verbo delere "refacer" e bit do acrónimo binary digit
delete vén do grego delere "borrar" e bit da expresión binary digit
delete vén do latín delere "borrar" e bit da expresión binary digit
A palabra sarcófago significa:
que come os vermes
que come as pedras
que come a carne
As artes triviais eran as disciplinas liberais encadradas no trivium, a saber,
Aritmética, Lóxica e Retórica
Gramática, Lóxica e Música
Gramática, Lóxica e Retórica
A palabra carnaval vén do latín carnem levare, que significa:
que durante esas festas se consume moita carne
que os carnavais preceden á Coresma, carenta días sen probar a carne
que as comparsas e carrozas reparten carne entre os asistentes