Pantalla de Xade

A estrutura da pantalla de XADE é tal e como se pode apreciar na imaxe.

  • Na sección 1 están ubicados os menús (liña superior) e os submenús. Estes últimos cambian en función do menú xeral co que esteamos traballando. 
  • Na sección 2 podemos ver os datos do centro, o nome do usuario que iniciou sesión e os apelidos e nome da persoa cuxos datos estamos visualizando.
  • Á esquerda da pantalla atopamos a sección 3, na que veremos o listado de persoas (alumnos, profesores, non docentes...) ás que podemos aplicar cambios.
  • A parte central da pantalla 4 a ocupa a área dedicada a presentar a información requerida.