Empréstitos e devolucións

A xestión de empréstitos e devolucións e verdadeiramente sinxela; para o primeiro caso precisamos o número de tarxeta de lector e o número de rexistro (ou o código de barras se temos lector destes); no segundo caso precisamos unicamente o número de tarxeta de lector. Vexamos o proceso.

EMPRÉSTITOS

A.- Fai clic na icona (circulación) da barra de ferramentas.

B.-  Na pantalla seguinte segue estes pasos, tal e como se indica na imaxe.

  1.  Selecciona o botón de opción "Empréstitos"(1)
  2. Introduce o número de lector e preme a tecla "TAB" (2)
  3. Escribe o número de rexistro do libro (3)  e preme a tecla "Intro".
  4. Se o semáforo está en verde, pulsa o botón "Aceptar" (4)
  5. Para deixar todos os campos en branco e comezar un empréstito cun lector diferente preme "Limpar"

NOTA: Ás veces pode aparecer unha ventá indicando que o libro en cuestión non se pode prestar. Probablemente é porque na ficha do libro, o campo Préstase está en branco ou pon Non. Nese caso non hai máis que corrixilo dende a pantalla de catalogación.

 

DEVOLUCIÓNS

A.-Se non tes aberta a pantalla de empréstitos, fai cli na icona circulación.

B.- Segue os pasos que se indican.

  1.  Selecciona a operación "Devolucións".
  2. Introduce o número do lector (1)
  3. Da lista na que aparecen os libros que o lector ten emprestados (2) selecciona o que devolve no momento. Podes confirmalo polo título ou polo número de rexistro.
  4. Preme "Aceptar" (3)
  5. Para outra devolución do mesmo lector, vai ao punto 3.
  6. Para cambiar de lector,preme o botón "Limpar" ou, simplemente, escribe o noco número de lector (paso 2).
  7. Para saír desta pantalla, botón "Pechar".