Consultas OPAC

 

 

 Que significa "OPAC"?

Catálogo en liña ou OPAC (en inglés Online Public Access Catalog ) é un catálogo informatizado de acceso público en liña aos materiais dunha biblioteca. Xeralmente, tanto os funcionarios da biblioteca como o público poden acceder a el en varios terminais na biblioteca ou dende casa a través de Internet. É pois, unha ferramenta de busca no catálogo.

Busca Directa.

  1. Eleximos o campo polo que queremos facer a busca (1)
  2. Introducimos o valor a atopar. Pode ser unha parte do título, do nome do autor, da materia...(2)  O botón ofrécenos unha lista de posibles valores segundo o campo de busca elixido.
  3. Prememos o botón (3) para obter os resultados.

Texto libre.

A consulta por Texto libre permítenos afinar abusca, xa que podemos incluir varios campos nela, co obxectivo de que os resultados sexan o máis exactos posible.

Para facer unha busca libre, prememos o botón de opción "Texto Libre" e aparécenos unha ventá que nos presenta os diferentes campos polos que podemos filtrar a consulta.

  1. Eliximos os campos polos que queremos buscar e enchemos os campos correspondentes (1); como no caso da Busca directa, podemos incluir só unha fracción do termo que buscamos. 
  2. Prememos o botón e accederemos á páxina dos resultados.