Programas de xestión

A Adminstración Educativa pon a disposición dos docentes varios programas de xestión de centros, entre os que podemos destacar XADE, Xecocentros, Comedores, Transportes, Meiga...

Tendo en conta que o uso dalgúns destes programas  restrínsexe aos membros do equipo directivo, neste módulo ímonos introducir, de xeito moi básico nas aplicacións XADE (Xestión Administrativa Da  Educación) e o programa de xestión de Bibliotecas Meiga.

XADE permite xestionar os aspectos relacionados coas persoas que utilizan un centro educativo, sexa alumnado, profesorado ou persoal non docente, podemos matricular e dar de baixa ao alumnado, asignalo a un grupo determinado, avalialo e obter os boletíns informativos, asi como obter e imprimir actas e outros listados. A xestión do profesorado inclúe faltas, horarios, equipos docentes e departamentos. XADE é unha aplicación que funciona cun sistema de perfís de usuario, de xeito que cada perfil pode ou non levar a cabo determinadas accións. Todos os procesos de XADE realízanse a través de internet e a información almacénase nos servidores da Consellería de Educación, non no ordenador dende o que se traballa.

Meiga é un programa de xestión integral de bibliotecas con posibilidade de xestionar usuarios, catalogación de  fondos, circulación (empréstitos e devolucións) e listas de espera. Permite tamén xestionar diversos aspectos da xestión bibliotecaria como son lsitados, notificacións aos lectores, obtención de estatísticas e moito máis. Na catalogación dos fondos, Meiga utiliza o formato estándar MARC, o que permite importar rexistros de outras bibliotecas, por exemplo. A diferencia de XADE, Meiga execútase directamente no equipo no que está instalada a aplicación, aínda que se pode subir o contido da base de datos para facer consultas a través da rede.