Informes

O menú informes agrupa todos os documentos que se poden obter coa fin de imprimilos. Existen Informes predefinidos e Informes xerados polo propio centro (Xerador de informes). Neste caso introducirémonos nos informes predefinidos, coa fin de obter os boletíns de avaliación, pero antes  faremos unha pequena descrivión da pantalla de informes.

1.- Accedemos ao apartado de informes mediante o menú Informes -> Informes Predefinidos.

 

2.- Aparece unha pantalla na que podemos establecer dúas áreas diferenciadas: 

A) Á esquerda, o listado de informes dispoñibles; o número pode variar segundo os permisos asignados ao perfil do usuario.

B) Na parte máis grande da pantalla vemos diversos campos que temos que cubrir para obter o informe. Enumerámolos seguindo a imaxe inferior.

Á esquerda vemos a relación de informes.

Á dereita, especificamos os datos que queremos obter.

Os campos de cor amarela son obrigatorios, é dicir, que sempre deberán conter un valor; así, no campo grupo, por exemplo, deberá  aparecer a letra identificativa do grupo aínda que so teñamos un; nese caso deberemos poñer "A" (ou a denominación que teñan os grupos en cada centro)

Independentemente do informe que queiramos, sempre deberemos darlle un nome identificativo (4) e premer "Obter informe" e "Ir ó Buzón" (5) por esta orde.