MEIGA

Que é Meiga?

Meiga, é unha ferramenta que nos axuda a automatizar os procesos de xestión dos fondos das bibliotecas escolares. Logo dunha traxectoria de moitos anos, Meiga, configurase como un estándar da xestión bibliotecaria en Galicia.

Con esta aplicación de xestión de bibliotecas podemos controlar os fondos, os préstamos, inscribir lectores, enviarlles cartas ou notificacións, obter estatísticas, etc.

 


 

Para iniciar o programa "Meiga" facemos dobre clic na icona que aparece no noso escritorio. A continuación unha ventá solicitaranos o nome de usuario e o contrasinal.

Unha vez introducidos correctamente os datos, arrancará a aplicación propiamente dita.

A interface de usuario de Meiga consiste nun menú e nunha barra de ferramentas dende a que se accede aos módulos principais. As accións dos usuarios realízanse en ventás que se abren ao picar na icona ou no menú correspondente.

 

 Neste curso imos aprender dúas accións fundamentais: Xestión de Empréstitos e devolucións e Consultas de fondos.