Buzón de informes

O buzón de informes é o lugar no que se almacenan os informes que solicitamos, á espera de ser descargados para imprimir. Ditos documentos almacénanse no buzón por un prazo de 10 días, pasado este tempo bórranse.

Se despois de premer "Obter informe" do apartado anterior facemos clic en "Ir ao buzón", ábrese unha nova ventá na que deberemos introducir o noso nome de usuario e o contrasinal para ver o contido do noso buzón.

O buzón de informes é unha ferramenta común a diferentes aplicacións, como XADE, Comedores, Transporte escolar, Xestión económica, etc. Aparecen segundo o valor contido neste desplegable e identificados polo nome que lle puxemos.

 

 

Se premes na ligazón "Ver", abrirase o complemento do teu navegador para visualizar arquivos pdf e poderás imprimilo. "Descargar" da a opción de gardalo no disco duro para poder editalo ou ter unha copia permanentemente. E eliminar, pediramos confirmación para que o informe desapareza do noso buzón.