Convocatoria para a selección de centros de educación infantil, primaria e secundaria que desexen participar no programa “Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade"

Ven, 20/05/2016 - 10:34
Convocatoria para a selección de centros de educación infantil, primaria e secundaria que desexen participar no programa “Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade"

Xúntase a Convocatoria da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para a selección de centros docentes de educación infantil, primaria e secundaria dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que desexen participar no programa “Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade”.

É un programa educativo que se desenvolve en colaboración coa Fundación Botín, que ademais de favorecer o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade, promove a comunicación e mellora a convivencia nos centros docentes a partir do traballo co profesorado, co alumnado e coas familias.

Este é un proxecto centrado na aplicación didáctica, dentro das áreas curriculares, dunha serie de recursos de educación emocional, social e creativa, e está dirixido ao alumnado con idades comprendidas entre 3 e 16 anos.

A área de educación da Fundación Botín creou o programa co obxecto de contribuír á formación integral do alumnado de todas as etapas educativas. Actualmente está implantado en 183 centros de Cantabria, Madrid, A Rioxa, Navarra, Galicia, Murcia e Castela-León. En Galicia foi implantado como experiencia piloto nos cursos 2014/15 e 2015/16 en 14 centros educativos.

Consta dunha proposta para tres cursos, co fin de que os centros e o seu profesorado incorporen o programa e pasen a formar parte da rede de Centros Educación Responsable, recibindo formación, recursos educativos e seguimento por parte da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Fundación Botín.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria considera conveniente implantar e desenvolver este programa noutros centros docentes dependentes desta Consellería que impartan ensinanzas de educación infantil, educación primaria e educación secundaria obrigatoria para o que pública a presente convocatoria para o curso escolar 2016-17.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 30 de xuño de 2016.. Para máis información, dirixirxe ao Centro de Formación e Recursos que corresponda:

  • CAFI 981 522 411
  • CFR A Coruña 981 274 221
  • CFR Ferrol 981 370 541
  • CFR Lugo 982 251 068
  • CFR Ourense 988 241 533
  • CFR Pontevedra 986 872 888
  • CFR Vigo 986 202 370