O repositorio de contidos do espazoAbalar incrementouse en 100 novos recursos educativos

Mér, 10/04/2013 - 12:58

O repositorio de contidos do espazoAbalar segue ampliando a súa oferta cunha selección de novos recursos educativos. Nesta ocasión con 100 novos contidos en formato dixital, realizados con distintas ferramentas de autor e baseados en distintas tecnoloxías.

Coa nova actualización do repositorio alcánzanse os 1.350 recursos para educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos en varios idiomas.