Título node Learning object

O sábado 14 pecha a Mostra do Ensino Galicia 2012 cun congreso paralelo sobre Diversidade e Familia
Ven, 13/04/2012 - 12:20
Mostra do Ensino Galicia 2012

Mañá sábado 14 pecha as súas portas a Mostra do Ensino Galicia 2012. Nesta xornada ofrécese paralelemente a última sesión do Congreso "Formación e competencias na nova sociedade", dedicado a Diversidade e familia.

A primeira actividade programada despois da súa inauguración terá lugar de 10:00 a 11:30, e trátase dunha mesa redonda sobre o tema "Convivencia, un labor de todos" na que participarán o xuíz José Antonio Vázquez Taín, a avogada Beatriz Seijo Méndez, o presidente de CONFAPA Galicia, Virgilio Gantes Gómez, o presidente de CONGAPA Galicia, Jorge Javier Villarino Rodríguez-Rey e o director do CFR de Ferrol, Manuel Losada Cabanas.

Despois dunha pausa, e en horario de 12:00 a 14:00, levarase a cabo unha segunda mesa redonda co título de "Diversidade nas aulas: A inclusión como oportunidade para o sistema educativo". Nela participarán o presidente de COGAMI, Anxo Queiruga Vila, o Director do Centro de Recursos Educativos da ONCE de Pontevedra, José Ángel Abraldes Rodeiro, o presidente de Down Galicia, Delmiro Prieto González, a presidenta da Asociación de Altas Capacidades de Galicia, María Dolores Martínez Romero e o Asesor de atención á diversidade e orientación da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Rei Fernández.

Hoxe venres a xornada do Congreso "Formación e competencias na nova sociedade" estará dedicada de forma íntegra a Idiomas, con distintos relatorios e mesas redondas. Richard Vaughan co tema “O profesor como catalizador da aprendizaxe”, será o primeiro relator da xornada do venres, presentado pola xornalista Marta Darriba. Seguidamente Xavier Gisbert, director xeral do Ministerio de Cultura, disertará sobre “As linguas estranxeiras en España: una visión de futuro”.

Ás 12.30 terá lugar a mesa redonda sobre pluringüismo en Galicia, onde intervirán Isabel Serna, inspectora de Educación; Manuela Iglesias, directora do CEIP Vilar de Barrio (Ourense); Hilda Fraga, coordinador do programa plurilingüe no IES Rafael Dieste, de Coruña; Jesús Fidalgo, profesor de Física do IES de Ames; Estevan Cochenet, da Escola de Idiomas de Pontevedra. O moderador será o subdirector xeral de Ordenación, Innovación Educativa e Formación do profesorado, Manuel Vila.

Xa na sesión de tarde haberá una presentación de Becas prácticas sobre o pluringüismo nos centros educativos. Participarán: Gema Cillero, do CEIP “Vista Alegre” de Burela; Dolores Patiño e Cristina Rodríguez, da Escola de Idiomas de Santiago; Fernando Zapico, coordinador de plurilingüismo no Principado de Asturias; Juan Luis Neira e María del Carmen Domarco, do IES “Cidade de Antioquía” de Xinzo de Limia. A sesión do venres finalizará cun concerto da Orquestra Sinfónica do Conservatorio Profesional de Música da Coruña.

Menús Learning object node R