Título node Learning object

I Xeira CLARIAH-GAL na USC
Mér, 03/04/2024 - 07:48
Imaxe
O vindeiro 2 de maio terá lugar na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela a I Xeira CLARIAH-GAL, organizada polo Instituto da Lingua Galega (ILG). CLARIAH-GAL é o nodo galego de CLARIAH-ES, infraestrutura dixital de investigación distribuída que forma parte, pola súa vez, das infraestruturas europeas de investigación CLARIN e DARIAH.
 
O obxectivo desta xeira é presentar o nodo galego, conformado polo ILG e polo CiTIUS, e difundir as iniciativas de Humanidades Dixitais e de Tecnoloxías Lingüísticas para a investigación en Humanidades e Ciencias Sociais emprendidas en Galicia. Ademais de conferencias e comunicacións por convite, durante o evento presentaranse pósters de proxectos, liñas de investigación, recursos ou grupos de investigación relacionados coas liñas temáticas da Xeira.
 
Todas as persoas interesadas en enviar unha proposta de póster poden facelo ata o 5 de abril.