Título node Learning object

IV Simposio Internacional Aspectos Lingüísticos do Noroeste Ibérico (SIALNI4)
Mér, 20/03/2024 - 08:26
Imaxe

Os días 3 e 4 de outubro de 2024 celebrarase na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela o IV Simposio Internacional Aspectos Lingüísticos do Noroeste Ibérico (SIALNI4).

O evento quere seguir o espírito das tres anteriores edicións, que tiveron lugar nas Universidades de Xénova (2021), Oviedo (2022) e Salamanca (2023), e aspira a converterse nun lugar de encontro de referencia para os académicos que se dedican á investigación da realidade lingüística do noroeste ibérico.

O prazo de envío de propostas está aberto ata o 30 de xuño de 2024.

Toda a información está dispoñible na páxina web https://ilg.usc.gal/gl/actividades/SIALNI4.