Título node Learning object

O British Council organiza o programa ‘’Twin for 2012"
Xov, 08/03/2012 - 09:06
British Council

O British Council organiza o programa ‘’Twin for 2012" que pretende fomentar o traballo de aspectos relacionados cos xogos Olímpicos e Paralímpico no aula. O Programa vai destinado a alumnos/as de Primaria e o British Council encargaríase de buscarlle a cada centro galego un socio no Reino Unido para que os alumnos/as de ambos centros puidesen desenvolver actividades conxuntas.

Unha vez rexistrados, os centros dispoñerán dun área de recursos, así como dun espazo na rede para compartir información e proxectos co seu centro ‘irmán’, ademais de ferramentas para facilitar a comunicación (chats e forums).