Título node Learning object

4º edición do concurso DXC Iberia Codes
Xov, 01/02/2024 - 09:21
Imaxe

DXC Technology organiza unha nova edición da iniciativa DXC Iberia Codes, co obxectivo de achegar a xente máis nova á ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas (STEM) dunha forma atractiva, divertida e fácil de desenvolver, así como espertar o interese e a paixón tecnolóxica de quen se converterá no noso futuro.

 

Trátase dun concurso dirixido a mozos e mozas entre 10 e 15 anos de todo o ámbito nacional.

O concurso realízase en parellas e é necesario que ambos os participantes cumpran os criterios de idade da categoría seleccionada. 

Prazos:

  • 29 de Xaneiro: Inicio de Concurso - Apertura de inscricións
  • 3a semana de Marzo: Apertura de plataforma de entrega
  • 30 de Abril: Fin de prazo de entrega - Selección e inicio de titorías
  • 3a semana de Xuño: Gran Final

Toda a información na páxina web e resolución de dúbidas a través do enderezo electrónico help@goodgamegen.com.

Formulario de inscrición.