Título node Learning object

Curso de braille en aberto
Mar, 07/11/2023 - 08:47

O Centro de Recursos Educativos da ONCE en Pontevedra organiza este curso co fin de facilitar a todas as persoas interesadas o coñecemento do sistema lecto escritor que utilizan as persoas cegas e así poder contribuír, de maneira activa, á súa inclusión educativa e social. Poder ler basicamente o braille de maneira visual e coñecer aspectos relacionados coa discapacidade visual axudará a promover unha convivencia baseada na equidade e no enriquecemento mutuo como retos que requiren a participación de todos e de todas.

O curso desenvolverase os días 22, 24 e 25 de xaneiro, de 17 a 19 horas, en modalidade online, a través da plataforma Zoom, finalizando o prazo de inscrición o día 5 de xaneiro de 2024.

Pódese acceder ao formulario de inscrición a través da seguinte ligazón: https://forms.office.com/e/J73EgYGgGq

Confirmarase a inscrición e enviarase a ligazón de conexión a Zoom a través de correo electrónico e, antes do inicio do curso, facilitarase o material en braille para poder traballar con el durante as sesións.

Os certificados de asistencia enviaranse tamén a través de correo electrónico, sempre que a persoa rexistrada se conectara á plataforma de videoconferencia indicando o seu nome e apelidos nas 3 sesións.