Título node Learning object

XIX Edición do concurso escolar de debuxo "Defensor do Pobo 2023-2024"
Lun, 30/10/2023 - 10:38

Como cada ano, a institución constitucional do Defensor do Pobo convoca o Concurso escolar de debuxo Defensor do Pobo, que ten por obxecto achegar aos nosos nenos/as e adolescentes o coñecemento dos dereitos humanos e o fomento dos valores democráticos.

Concederanse tres premios para educación primaria e tres para secundaria, así como un para educación especial, consistentes nun diploma e ordenador portátil, así como unha axuda para gastos de traslado a Madrid dos escolares e os docentes dos centros premiados.

Os premios serán entregados polo Defensor do Pobo nun acto solemne, probablemente na primeira quincena do mes de maio, no que, ademais, alumnado de diferentes centros escolares lerá a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

Así mesmo, concederase un diploma acreditativo tanto aos colexios dos gañadores/as como a aqueles centros cunha gran participación de alumnado.

  • Traballo: un debuxo orixinal, con calquera material ou técnica, relativo aos dereitos humanos, nunha folla de papel de tamaño A4.
  • Prazo de presentación: antes do 31 de xaneiro de 2024.

Pódese ampliar información e consultar as bases nos documentos adxuntos e na páxina web do Defensor do Pobo (www.defensordelpueblo.es).