Título node Learning object

Ciclo “Novas miradas” da Filmoteca de Galicia
Lun, 30/10/2023 - 10:19

No mes de novembro comeza na Filmoteca de Galicia o ciclo “Novas miradas”, unha programación cinematográfica orientada a estudantes de ensino secundario, bacharelato e formación profesional.

Esta programación cinematográfica complementase cun encontro de formación inicial para o profesorado, que terá lugar o luns 6 de novembro ás 16h na sala de cinema da Filmoteca de Galicia (Duran Loriga, 10, baixo. A Coruña). Neste curso desenvolveranse contidos prácticos, metodolóxicos e instrumentais, e intercambiaranse experiencias entre os docentes participantes. Traballarase en torno as películas programadas e o catálogo de películas CinEd.

A programación cinematográfica consta de seis títulos que se proxectarán de novembro a abril na súa lingua orixinal (versión orixinal subtitulada en castelán). Todos os pases terán lugar na sala de cine da Filmoteca de Galicia en horario de mañá. O calendario previsto pode consultarse no documento adxunto.

O persoal docente dos centros que queira participar no proxecto pode poñer en contacto coa Filmoteca de Galicia a través do enderezo electrónico monica.garcia.iglesias@xunta.gal ou nos teléfonos 881 881 269 / 881 881 260.

As solicitudes atenderanse por orde de chegada.