Título node Learning object

Convocatoria 43ª edición do concurso escolar Que é un rei para ti?
Xov, 19/10/2023 - 08:03
Imaxe

O próximo 15 de outubro abrirase unha nova convocatoria para a 43ª edición do concurso escolar Que é un rei para ti?, promovido por Fundación Institucional Española (FIES) e a Fundación Orange. A dita convocatoria, correspondente ao período lectivo 2023-2024, estenderase ata o 15 de xaneiro de 2024.

O obxectivo deste certame escolar é, unha vez máis, fomentar a creatividade dos alumnos e alumnas de toda España a través dos seus traballos sobre a institución monárquica, e impulsar así -desde o seu coñecemento- o respecto cara a primeira institución do Estado, así como a valores tales como a convivencia, a solidariedade e a democracia. Nesta edición, os escolares participantes poderán enfocar as súas obras desde dous puntos de vista diferentes: a figura da S.M. o Rey Don Felipe e o papel da Coroa na estrutura do Estado. Así mesmo, poderán abordar os seus traballos enfocándoos cara ao futuro da institución, personalizado en S.A.R. a Princesa de Asturias, como garante da súa continuidade.

Os alumnos e alumnas interesados en participar nesta edición poderán presentar os seus traballos tanto en formatos tradicionais (murais, debuxos, poesías, escultura, redacción) como en novos formatos dixitais, tales como Storytelling, Vídeo musical, Infografía, Robótica e deseño ou impresión 3D.

Neste sentido, como se xa se realizou en anos anteriores, mediante a guía "Retrata o teu proxecto" darase o soporte necesario ao profesorado para que, se así o desexan, poidan axudar aos seus estudantes para transformar a un formato dixital os proxectos que se realizaron de forma manual (mediante o envío dunha fotografía ou vídeo con descrición).

Unha vez coñecidos os 20 escolares gañadores nas distintas comunidades e cidades autónomas, así como na categoría de Educación Especial, os alumnos e alumnas premiados nesta 43ª edición acudirán, xunto a profesores e familiares, a unha Audiencia con Don Felipe, para presentarlle os seus proxectos persoalmente.

Más información sobre a convocatoria e as bases de participación en: https://concursoqueesunreyparati.es/.