Título node Learning object

Actividades dirixidas a centros educativos no Museo Pedagóxico de Galicia
Ven, 15/09/2023 - 10:28
Imaxe

O Museo Pedagóxico de Galicia ofrece para este curso escolar 2023/2024 un programa de actividades dirixido especificamente a centros escolares.

A oferta educativa contempla diferentes modalidades de visita deseñadas para achegar aos distintos niveis educativos a colección do museo, e con ela os cambios experimentados polas escolas e a educación de nenos e nenas nos dous últimos séculos da nosa historia.

Tanto a entrada ao museo como tódalas las actividades son totalmente gratuítas.

Pódese consultar a oferta educativa ao completo a través desta ligazón.