Título node Learning object

Curso NOOC "Calidade dos Recursos Educativos Dixitais: Aspectos Técnicos"
Lun, 15/05/2023 - 10:51
Imaxe

O NOOC "Calidade dos Recursos Educativos Dixitais: Aspectos Técnicos" comeza o mércores 17 de maio e finaliza o venres 26 de maio.

Esta será a segunda edición deste NOOC, último dunha serie de catro nano experiencias de aprendizaxe aberta sobre calidade dos recursos educativos dixitais.

Nel mostrarase que os recursos educativos se poden valorar obxectivamente a partir dun conxunto de criterios estandarizados de calidade didáctica, tecnolóxica e de accesibilidade, establecidos na norma UNE 71362. Neste NOOC en concreto profúndase nos criterios técnicos.

A finalidade deste NOOC, do mesmo xeito que todos os da serie, é fomentar a posta en valor dos recursos educativos dunha maneira precisa e obxectiva e, a partir desta valoración elixir os mellores recursos educativos para as clases, así como facilitar a creación de recursos educativos orixinais con garantías de calidade técnica, e como exemplo veremos como se pode conseguir un material de calidade coa plataforma eXelearning.

Este NOOC está dirixido a profesionais da educación, sen importar o nivel educativo en que leven a cabo a súa actividade.

Esta nano experiencia de aprendizaxe, que supón unha dedicación estimada de 3 horas, axuda a alcanzar o nivel A1 da competencia 2.2.- Creación e modificación de contidos dixitais, dentro da área 2. Contidos dixitais, do Marco de Referencia da Competencia Dixital Docente de INTEF.

Ao finalizar as actividades, como recoñecemento da aprendizaxe, os participantes optarán a unha insignia dixital almacenada en Insignias INTEF.

A inscrición pódese realizar a través desta ligazón, durante todo o prazo de apertura do curso (17-26 de maio).