Título node Learning object

Ampliación de prazo: presentación de propostas para a II Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico
Mér, 03/05/2023 - 11:20
Imaxe

A II Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico, organizada polo Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela e o Centro de Línguas, Literaturas e Culturas da Universidade de Aveiro, terá lugar o 9 de outubro de 2023 na Facultade de Filoloxía da USC.

Esta segunda edición céntrase no estudo da variación e do cambio lingüístico en espazos urbanos. O propósito fundamental é incentivar o interese pola investigación lingüística, desde distintas perspectivas e con diferentes obxectivos, nas cidades e nos núcleos de concentración de poboación. As propostas poden abordar tanto a variación interlingüística coma intralingüística.

Nestes momentos e a ata o 30 de xuño encóntrase aberto o proceso para a submisión de propostas de comunicacións orais. As persoas interesadas deberán encher o formulario dispoñible na páxina web e remitilo a marta.negro@usc.gal.

As propostas de participación, escritas en calquera lingua románica, deberán concordar co tema do encontro e serán seleccionadas por un proceso de pares cegos. O prazo para coñecer a aceptación ou o rexeitamento da proposta remata o 15 de xullo.

O período de inscrición estará aberto entre o 1 e o 30 de setembro e as persoas que desexen asistir á xornada deberán cubrir o formulario que se encontra na páxina web. A inscrición é de balde e certificaráselles a participación ás persoas que asistan ao 85% das sesións.