Título node Learning object

II Semana cultural "Paisaxe e cambio climático" no IES de Cacheiras
Mar, 21/03/2023 - 11:47
Imaxe
O IES de Cacheiras celebrará na última semana do mes de marzo, entre o 27 e o 31, unha nova semana cultural que leva como título PAISAXE E CAMBIO CLIMÁTICO e que conta coa presenza de relatores como Xurxo Souto, que falará da Galicia do Prestige; Rogelio Santos, que explicará ao alumnado o seu labor de divulgación en defensa da vida do mar; ou Vicente Feijoo, que falará da toponimia da zona de Cacheiras, charla que se complementará cunha saída pola Ruta da Batalla de Cacheiras.
 
Ademais, haberá dúas conferencias organizadas dentro do programa A ponte entre o ensino medio e a USC, a través das cales o alumnado compartirá cos seus compañeiros/as varios traballos que leva realizando dentro do proxecto medioambiental que se desenvolve este ano no centro.
 
Todas as actividades desta semana poden ser consultadas no programa adxunto.