Título node Learning object

IV Masterclass de Física de Partículas polo 11F para alumnas de 1º de Bacharelato
Xov, 12/01/2023 - 14:58
Imaxe Masterclass

Co gallo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), en colaboración co Grupo Internacional de Divulgación de Física e o  CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear), organizan a IV Masterclass de física de partículas dirixida exclusivamente a alumnas de 1º bacharelato de institutos de Galicia.

Este evento terá lugar na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC, onde se impartirán unha serie de conferencias introdutorias á Física de Partículas actual e se fará unha práctica por ordenador en grupos con datos reais dun experimento do CERN. Posteriormente, discutiranse os resultados mediante videoconferencia co CERN e outros centros europeos que realicen a xornada simultaneamente. O número de prazas está limitado a 40 e 2 alumnas de 1º de bacharelato por instituto. O/A profesor/a acompañante das estudantes pode asistir e incluso participar activamente na masterclass, se así o desexa.

O prazo de solicitude estará aberto ata o 27 de xaneiro ás 23:59 h. As solicitudes serán atendidas por orde de chegada.

As seguintes ligazóns permiten ampliar a información anterior: Masterclass, Programa, Formulario de inscrición.