DELF (B2) e DALF (C1) Alianza Francesa

Oferta das probas realizadas pola Alianza Francesa para a adquisición do nivel B2 (DELF) e do nivel C1 (DALF)
Lun, 19/12/2022 - 19:41
Delf Dalf

No mes de xuño terán lugar as probas da Alianza Francesa co obxectivo de que o profesorado galego poida acreditar as súas competencias nesta lingua e certificar os seguintes niveis:

O DALF, Diplôme approfondi de langue française (Diploma avanzado de Lingua francesa),  é a certificación oficial internacional expedida polo Ministerio de Educación Nacional de Francia, para acreditar as competencias en francés dos/as candidatos/as estranxeiros/as.

O DELF, Diplôme d’études en langue française (Diploma de Estudos en Lingua Francesa), é a certificación oficial internacional expedida polo Ministerio de Educación Nacional de Francia, para acreditar as competencias en francés dos/as candidatos/as estranxeiros/as.

As probas celebraranse na EGAP (Escola Galega de Administración Pública), en Santiago de Compostela os días 1 de xuño e 5 de xuño, durante a mañá.

Para ter máis información ao respecto, pódese remitir un correo ao enderezo electrónico cafi.linguasestranxeiras1@edu.xunta.gal

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI