Resolución provisional dos centros docentes seleccionados e excluídos nos Contratos-Programa Innova (CPinnova) 2022/23

Xov, 20/10/2022 - 09:40
cp innova

Achégase a Resolución provisional pola que se fai pública a relación de centros seleccionados e excluídos na participación dos contratos programa CPinnova 2022/23 para fomentar a innovación educativa nos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Ábrese un prazo de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución neste portal educativo, para facer reclamacións ou renuncias.