Título node Learning object
Nestas sesións didácticas en liña realizaremos unha presentación con imaxes de diferentes obras de arte contemporáneas deténdonos na diversidade de soportes, materias, discursos, miradas e posibilidades expresivas e experimentais da arte actual.
Combinaremos a mostra de imaxes con dinámicas creativas dirixidas ao alumnado.
DURACIÓN APROXIMADA: 50 minutos
REQUISITOS TÉCNICOS: O centro educativo deberá dispor do equipo técnico preciso para participar nunha reunión telemática (aula equipada cun ordenador con cámara e micro, altofalantes e pantalla).
SOLICITUDE: Os centros interesados poden enviar un correo electrónico a onlinecgac@gmail.com coa seguinte información: nome do centro educativo, curso ou idade e número de participantes, día e hora en que desexan realizar a sesión, un número de teléfono e un enderezo electrónico de contacto e mais o nome da persoa responsable. Unha vez aceptada a solicitude os centros recibirán as indicacións precisas para accederen á sesión en liña.