Título node Learning object

A diversidade sexual e de xénero nas aulas
Mar, 10/05/2022 - 10:21
logo

A través do programa municipal pola diversidade sexual, Pinto e Maragota, o Concello de Pontevedra promove a IV xornada de formación Pinto e Maragota "A diversidade sexual e de xénero nas aulas".

Esta actividade ten os seguintes obxectivos:
1.Facilitar ao profesorado información sobre a situación legal do colectivo LGTBIQ, en relación aos protocolos educativos.
2.Fornecer ao profesorado de recursos literarios, informativos e audiovisuais para tratar a diversidade sexual e de xénero na aula.
3.Dar a coñecer redes de traballo educativo e casos de éxito no tratamento da diversidade sexo-xenérica na aula.

Contidos da actividade:
1.A diversidade nas aulas. Datos e necesidades.
2.Diversidade sexual e de xénero na infancia e na adolescencia.
3.Aspectos legais relativos ao colectivo LGTBIQ.
4.Experiencias positivas de tratamento da realidade LGTBIQ no ámbito educativo.
5.Aspectos históricos e sociais das reivindicacións LGTBIQ.

Código e título: P2102034 A diversidade sexual e de xénero nas aulas
Data: sábado 21 de maio de 2022
Lugar: Salón de Actos do Pazo da Cultura (Pontevedra)
Duración: 8 h (presenciais)
Programa: pódese consultar o programa da actividade no PDF anexo.
 

O oersoal docente en activo pode formalizar a matrícula nesta actividade a través de FPROFE.

Esta actividade está aberta a outros colectivos; neste caso, para realizar a inscrición cómpre dirixir a solicitude ao seguinte enderezo electrónico: info@pintoemaragota.gal