Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > A diversidade sexual e de xénero nas aulas

A diversidade sexual e de xénero nas aulas [1]

Enviado por asesoria.igualdade a Mar, 10/05/2022 - 10:21

A través do programa municipal pola diversidade sexual, Pinto e Maragota, o Concello de Pontevedra promove a IV xornada de formación Pinto e Maragota "A diversidade sexual e de xénero nas aulas".

Esta actividade ten os seguintes obxectivos:
1.Facilitar ao profesorado información sobre a situación legal do colectivo LGTBIQ, en relación aos protocolos educativos.
2.Fornecer ao profesorado de recursos literarios, informativos e audiovisuais para tratar a diversidade sexual e de xénero na aula.
3.Dar a coñecer redes de traballo educativo e casos de éxito no tratamento da diversidade sexo-xenérica na aula.

Contidos da actividade:
1.A diversidade nas aulas. Datos e necesidades.
2.Diversidade sexual e de xénero na infancia e na adolescencia.
3.Aspectos legais relativos ao colectivo LGTBIQ.
4.Experiencias positivas de tratamento da realidade LGTBIQ no ámbito educativo.
5.Aspectos históricos e sociais das reivindicacións LGTBIQ.

Código e título: P2102034 A diversidade sexual e de xénero nas aulas
Data: sábado 21 de maio de 2022
Lugar: Salón de Actos do Pazo da Cultura (Pontevedra)
Duración: 8 h (presenciais)
Programa: pódese consultar o programa da actividade no PDF anexo.
 

O oersoal docente en activo pode formalizar a matrícula nesta actividade a través de FPROFE. [2]

Esta actividade está aberta a outros colectivos; neste caso, para realizar a inscrición cómpre dirixir a solicitude ao seguinte enderezo electrónico: info@pintoemaragota.gal [3]

 

 

 

Gallego
logo [4]

File: 

PDF icon Programa da actividade [5]

Tema: 

Igualdade [6]
Violencias [7]
Coeducación [8]
Relacións [9]
Dereitos [10]
Diversidade [11]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/36961

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/36961
[2] https://www.edu.xunta.gal/fprofe
[3] mailto:info@pintoemaragota.gal
[4] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2022/05/10/50ccac4f92130f113466e86f95ffc705.jpg
[5] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2022/05/10/53fae9aff5e8b304531570da8df7ecda.pdf
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/igualdade
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/1783
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/1785
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/1786
[10] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/1787
[11] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/1788