Título node Learning object

Cansat 2021
Ven, 29/10/2021 - 12:53
Cansat 2020

CanSat é unha iniciativa da Axencia Espacial Europea que desafía a estudantes de toda Europa a construír e lanzar un mini satélite do tamaño dunha lata de refresco. O CanSat é lanzado por un foguete ata unha altitude de aproximadamente un quilómetro, ou se deixa caer desde unha plataforma, un dron. Entón comeza a súa misión. Durante a caída realízase un experimento científico e / ou unha demostración tecnolóxica, lograr unha aterraxe segura e analizar os datos recompilados.

A inscrición está aberta aos equipos que deberán estar formados por un mínimo de 4  e un máximo de 6 estudantes (de entre 14 e 19 anos) e unha persoa docente/mentora (máximo 2 sempre que en conxunto non se superen as 7 persoas). Unha mesma persoa pode titorizar a varios equipos de estudantes.

A inscrición está aberta ata o 3 de decembro. En breve comenzarán as accións formativas, de acompañamento e apoio ao profesorado que participe na competición, que contará con kits básicos para comezar o traballo e garantir a chegada do equipo á fase rexional de lanzamentos. 

Máis información e inscrición en http://blogs.xunta.gal/aulanova/2021/09/29/cansat-2021/