Título node Learning object

DigiEduHack
Ven, 15/10/2021 - 10:27
Hackathon

 DigiEduHack é unha serie de hackatones, en liña e presenciais, que levarán a cabo en todo o mundo e céntranse na creación conxunta de solucións de educación dixital para un mundo máis sustentable.

É un concurso-evento organizado pola Comisión Europea e que terá lugar os días 9 e 10 de novembro, co lema "Educación dixital para un mundo sustentable".

O evento é gratuíto, inclusivo, sustentable, aberto a calquera persoa en todo o mundo: codificadores e non codificadores, sen discriminación de xénero, nivel educativo ou orixe.

Cada desafío de DigiEduHack  está organizado por un anfitrión local: unha universidade, unha escola, unha biblioteca, unha ONG, unha empresa emerxente, un grupo de cidadáns, etc.

As persoas participantes únense a un desafío da súa elección e participan en DigiEduHack 2021.

Despois do evento, cada anfitrión ou anfitrioa designa a un gañador ou a unha gañadora do desafío; a continuación, todas as solucións gañadoras do desafío son avaliadas polo grupo de dirección de DigiEduHack , que designa de 10 a 12 finalistas.

As persoas finalistas sométense a votación pública e as 3 finalistas con máis votos convértense nas gañadoras do Premio Global DigiEduHack 2021.

A inscrición para os/as anfitrións/organizadores/as que desexen organizar un Hackathon local xa está aberta e a piques de abrirse para os participantes particulares. Pode consultarse toda a información no sitio web da iniciativa: https://digieduhack.com.