Título node Learning object

Premio de innovación e creatividade aeronáutica para institutos
Ven, 10/09/2021 - 11:33
Premio de innovación y creatividad aeronáutica para institutos

O Colexio Oficial de Enxeñeiros Aeronáuticos de España convoca a primeira edición do premio "innovación e creatividade para institutos" enfocado á promoción da enxeñería aeronáutica nas e os estudantes pre-universitarios.

É un concurso por equipos no que fundamentalmente se valorará a capacidade técnica para deseñar e a creatividade da idea presentada. Esta primeira edición céntrase nos drons, aeronaves que cada ano están a tomar un papel máis protagonista no sector. Concretamente, o reto consiste no deseño dun sistema anti-colisión de drons.

Poderán participar equipos de todos os institutos de España e permítese a participación de varios equipos por instituto.

O prazo de presentación de proxectos/propostas finaliza o 10 de decembro de 2021 ás 23:59 horas.

Máis información