Título node Learning object

IV Edición do Premio de Dereitos Humanos "Óscar Arnulfo Romero"
Ven, 18/06/2021 - 12:33
OEI

A Organización de Estados Iberoamericanos para a Educación, a Ciencia e a Cultura (OEI) e a Fundación SM, convocan a IV Edición do Premio de Dereitos Humanos "Óscar Arnulfo Romero"

Esta iniciativa recoñece o traballo de institucións educativas e da sociedade civil na defensa e promoción dos dereitos humanos a través da educación. 

O premio, no que ademais de España poden participar países iberoamericanos, consistirá nun cheque de 5.000 dólares para os dous gañadores de cada categoría establecida. 

Os seleccionados a nivel nacional obterán unha mención especial e todas as experiencias recibirán un certificado de participación. 

Establécense dúas categorías de participantes:

-Categoría A :Centros escolares/educativos de educación formal (entre 3 e 18 anos).

-Categoría B: Organizacións da sociedade civil vinculadas co traballo de educación non formal (ONG, asociacións, fundacións, etc.).

Cada institución poderá presentarse unicamente a unha categoría e cun só proxecto.

Non poderán concursar centros e organizacións gañadoras a nivel nacional nos dous últimos anos.

 O prazo para presentar candidaturas termina o 31 de xullo.

As bases da convocatoria poden consultarse na web:

https://oei.int/oficinas/secretaria-xeral/premio-dereitos-humanos/cuarta-edicion