Título node Learning object

2ª edición da convocatoria de cursos tutorizados en liña para a formación do profesorado de 2021
Ven, 21/05/2021 - 11:18
2ª edición de la convocatoria de cursos tutorizados en línea para la formación del profesorado de 2021

 O Ministerio de Educación e Formación Profesional, a través do INTEF, abriu o prazo de inscrición na 2ª edición da convocatoria de cursos tutorizados en liña para a formación do profesorado de 2021.

 

Prazo de inscrición: do 18 de maio ao 6 de xuño de 2021.

Información da convocatoria:https://intef.es/Noticias/apertura-do-prazo-de-inscripcion-para-a-2a-edicion-de-cursos-de-formacion-en-linea-do-profesorado-2021/

Inscrición: Realizarase a través da Sede electrónica do MEFP.

Prazas: Nesta 2ª Edición hai dispoñibles 5.950 prazas.

Cursos: Desenvolveranse 20 cursos que abordan temas educativos moi diversos e afectan a todos os ensinos non universitarias.

Os cursos teñen unha duración de dous meses (do 14 de setembro ao 16 de novembro). Para facilitar o traballo e a planificación, todos os cursos estarán dispoñibles cuns días de antelación, de modo que os participantes vaian familiarizándose coa aula virtual. Finalmente, todos os cursos contribúen ao desenvolvemento da Competencia Dixital Docente e certifícanse con 70 horas de formación.