Título node Learning object

Día Internacional das Matemáticas en MUNCYT Coruña
Xov, 18/03/2021 - 09:25
MUNCYT

O 14 de marzo de cada ano celébrase nalgúns países o Día de Pi (3/14). A UNESCO proclamouno en 2019 como día internacional en recoñecemento ao seu importante papel para facer fronte aos desafíos en ámbitos como intelixencia artificial, saúde, cambio climático, enerxía e desenvolvemento sustentable ou a mellora da calidade de vida. Para 2021 o tema é "Matemáticas para un mundo mellor".

O MUNCYT A Coruña toma esta conmemoración como temática para as súas actividades de fin de semana nos seus Sábados Eureka cos xogos de retos "Matemáticas" e "Misterio no Museo" durante todo o mes de marzo. Tamén levarán a cabo actividades dirixidas a centros educativos.

Máis información

MUNCYT