Título node Learning object

O charco de Ulises
Ven, 12/03/2021 - 10:54
O charco de Ulises

O Centro Dramático Galego, desenvolverá o vindeiro venres 26 de marzo de 2021 ás 11.00 horas, a súa última produción chamada "O charco de Ulises", co gallo da conmemoración do Día Internacional do Teatro.

A obra O charco de Ulises está dirixiada ao alumnado de 3º e 4º da ESO e de Bacharelato e é unha da adaptación do clásico grego de Homero. Está dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso sendo estreada pola compañía pública o pasado xaneiro de 2021.

A iniciativa enmárcase en achegarlle o teatro ao estudantado galego, ante as restricións de mobilidade e a suspensión das exhibicións por mor da COVID-19.

A versión do espectáculo que emitirá o CDG será especial para adaptarse á organización dos centros de ensino e á linguaxe audiovisual.

A exhibición en liña completarase cun coloquio no que participarán membros do equipo artístico e unha mostra do proceso de creación do espectáculo. 

Máis información

Centro Dramático Galego