Título node Learning object

Conmemoración do día mundial da síndrome de Down “Tan diferentes como iguais”
Xov, 04/03/2021 - 12:59
Down Galicia

O 21 de marzo conmemórase o Día Mundial da síndrome de Down.

Nacións Unidas aprobou en novembro de 2011 a declaración desta data, o 21 de marzo, como un símbolo en referencia á triplicación [trisomía] do cromosoma 21 que se traduce na condición xenética da síndrome de Down.

Por este motivo, a Down Galicia, propón aos centros educativos galegos aproveitar este mes para desterrar mitos e falsas crenzas entre o alumnado das súas aulas; e para iso propón unha serie de actividades e accións.

Para saber máis

https://downgalicia.org/tan-diferentes-como-iguais/