Título node Learning object
Ponte...nas ondas! convoca a cuarta edición do Certame “As imaxes do patrimonio”, unha iniciativa que consiste en que o alumnado dos centros educativos envíe fotografías antigas xunto cun texto explicativo. Ademais, nesta ocasión contémplase unha nova categoría de podcasts.
A novidade desta 4ª edición está na creación dun apartado para podcasts sobre as imaxes. Unha forma de participar na que o alumnado terá a oportunidade de preguntar ás persoas relacionadas coas fotografías, familiares, veciñanza, etc. sobre as instantáneas e o seu contexto.
Está dirixido aos centros educativos de Galicia e Portugal e tamén a aquelas asociacións ou entidades que, sen dereito a premio, queiran participar.
As categorías contemplan as diferentes etapas dos sistemas educativos de Galicia e Portugal.
A entrega dos premios deste 4º Certame terá lugar o 16 de novembro de 2021 coincidindo co Día Mundial do Patrimonio.
Máis información