Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Resolución do Concurso de Curtas Senda dos Faros

Xov, 04/02/2021 - 15:02
Senda dos Faros

Resolución pola que se conceden os premios do Concurso de Curtas Senda dos Faros

O xurado do Concurso de Curtas Senda dos Faros, convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, seleccionou como gañadoras as seguintes curtas:

Primeiro Premio

Sálvora, do IES Plurilingüe A Cachada. Boiro. A Coruña

Segundo Premio

Senda dos faros “De naufraxios, faros e lendas: do Cemiterio dos Ingleses a Camariñas”, do IES Monte Neme. Carballo. A Coruña

Terceiro Premio

A melodía do faro, do CMUS Xan Viaño. Ferrol. A Coruña

Na iniciativa, que pretende fomentar o descubrimento do litoral e poñer en valor os recursos territoriais e as paisaxes que percorre este itinerario, colaboraron tamén a Axencia de Turismo de Galicia, Agader, o Instituto de Estudos do Territorio (IET), a Fundación Galicia Sustentable e a Fundación Energias de Portugal (EDP).

O concurso, destinado ao alumnado dos centros docentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparten ensinanzas sostidas con fondos públicos (ESO, bacharelato, formación profesional básica, ciclos formativos de grao medio e ensinanzas especiais de grao medio), ten como obxectivos:

  • dinamizar o uso da lingua galega entre o alumnado e entre a comunidade educativa

  • promover unha imaxe positiva e actual do galego por medio da vinculación coas tecnoloxías da información e da comunicación

  • favorecer a presenza e o uso do galego en novos espazos e soportes

  • fomentar o galego oral, coa creación de novos ámbitos de uso frecuente que favorezan a utilización da lingua dentro e fóra das aulas

  • pór valor, promover e fomentar o coñecemento do patrimonio, a paisaxe, a natureza, as lendas, a gastronomía, ou calquera outro activo do territorio polo que atravesa a Senda