Xornadas de formación especializada de equipos directivos dos colexios rurais agrupados

As xornadas de formación para equipos directivos dos CRA celebraranse a través de videoconferencias entre o 18 de febreiro e o 17 de marzo. O prazo de inscrición remata o 31 deste mes de xaneiro de 2021.
Mar, 19/01/2021 - 14:00
portada directivos cra 20-21
portada directivos cra 20-21

As Xornadas de formación especializada de equipos directivos dos colexios rurais agrupados (CRA) dispoñen de 40 prazas e implican 15 horas presenciais. Nesta edidión 20-21 celebraranse a través da plataforma Cisco Webex. As persoas admitidas recibirán unha ligazón para cada sesión.

O 31 remata o prazo de inscrición e é importante que a rede de CRA se apoie e intercambie ferramentas e recursos a través tamén de modalidades formativas coma esta, co que lles convidamos, equipos directivos de CRA, a vos apuntar a estas xornadas específicas para vós. O código en FPROFE é G2002014. Tras se dar de alta en FPROFE, pode seguir esta ligazón para se anotar.

O enfoque levouse a cabo tras unha detección de necesidades e céntrase na nube, en metodoloxías activas de aprendizaxe, infraestructuras e no reforzo do intercambio de experiencias da nosa rede de CRA, así como a proxección da mesma a nivel nacional e até internacional.

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI